O próximo martes, 19 de novembro, terá lugar unha reunión metodolóxica de TFG na aula 3.
O alumnado matriculado no TFG debe acudir a esta reunión xa que é importante para o desenvolvemento do seu Traballo de Fin de Grao
A coordinadora de TFG, María Romaní de Gabriel, presentará os diversos formatos e explicará as directrices básicas para a realización dos traballos.
Para facilitar a túa asistencia podes elixir vir a unha das seguintes sesión:
- Quenda de mañá: 10:30 – 12:00 horas
- Quenda de tarde: 15:30 – 17:00 horas