Experto/a en Elaboración e Negociación en Plans de Igualdade

Experto/a en elaboración y negociación en planes de igualdad
Aberto o prazo de matricula

A Fundación E.U. de Relacións Laborais da A Coruña organiza conxuntamente coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia o II Experto/a en Elaboración e Negociación en Plans de Igualdade que agora che presentamos.

O II Experto/a en Elaboración e Negociación en Plans de Igualdade é o resultado do coñecemento acumulado na implantación de Plans de Igualdade en distintos ámbitos, tanto na empresa privada como na administración pública, desde que en 2007 se lexislou a Lei Orgánica 3/2007 para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

O Experto/a conta cun grupo de persoas expertas procedentes da empresa, da Inspección de Traballo e da Universidade que, polo seu traballo, están en contacto coa práctica diaria, enfrontándose aos retos que supón non só o deseño adecuado do Plan de Igualdade, senón tamén a súa implantación e a avaliación da súa efectividade.

A formación que se imparte é eminentemente práctica e axustada á xestión cotiá deste campo, que, como se está demostrando, é fundamental en calquera organización moderna que pretenda sobrevivir á situación actual. Ao longo das 60 horas de duración deste II Experto/a en Elaboración e Negociación en Plans de Igualdade, o alumnado desenvolverá habilidades en temas tales como a normativa reguladora no ámbito da Igualdade, como iniciar un procedemento para a elaboración de Plans de Igualdade, definir o procedemento negociador e como elaborar o informe de diagnóstico, ademais de coñecer como avaliar e facer o seguimento do cumprimento do Plan.

Modalidade: Presencial/Online (streaming en directo)
Número de prazas: 25 estudantes
Duración: 60 horas
Bonificable: FUNDAE

Carácter: Título privado
Prezo: 450.-€
Becas: consultar na secretaria de posgrados

 

Horario: venres de 16:00 a 20:00 h e sábados de 10:00 a 14:00 h.
Data inicio: Maio 2025.
Data fin: Xullo 2025.

Lugar de docencia: Fundación Escola Universitaria de Relacións Laborais de A Coruña