ERLAC visita o Parlamento de Galicia

O pasado venres 26 de maio, unha representación do profesorado, alumnado e persoal de ERLAC tiveron o privilexio de realizar unha visita guiada ás instalacións do Parlamento de Galicia, onde foron recibidos polo Presidente do Parlamento Miguel Ángel Santalices Vieira, co cal compartiron unha animada conversa no seu despacho.

Nesta visita contamos cun guía de excepción, D. Manuel Lago Peña, deputado por En Marea, que nos ensinou diversas estancias como a excelente biblioteca, a importante  colección de arte e o Parlamento mesmo, onde os visitantes tiveron a ocasión de “converterse” en deputados e deputadas por uns momentos.

Unha visita moi interesante e amena que aportou a todos un mellor coñecemento das nosas institucións.

Moitas grazas D. Manuel Lago por ser un cicerone perfecto e brindarnos esta oportunidade, e por suposto grazas tamén a todo o persoal do Parlamento polo excelente trato dispensado.

 

También te puede interesar