Despedimos o 2016 en ERLAC… e xa preparamos o 2017!!

Onte, o mesmo día en que moitos cidadáns recoñecían a importancia de ter boa saúde  😉  en ERLAC celebramos a nosa Xunta de Centro anual.

Este foi un excelente momento para botar unha ollada cara atrás e valorar o traballo feito ao longo deste ano, e temos que dicir que estamos gratamente sorprendidos polo volume de actividades e inicitivas que se levaron a cabo na nosa escola, perdón, na vosa escola.

O traballo e a implicación de todo o equipo de ERLAC fai posible que se poidan levar a término todas estas actividades e mesmo mellorar aqueles puntos fracos que se poidan atopar durante o curso. Dicirvos que non nos conformamos, que seguiremos esforzándonos en dar o mellor de nós mesmos aos nosos alumnos e que así reciban a mellor formación posible, para que nese futuro que en breve será o seu presente axuden a mellorar un pouco este mundo convulso no que vivimos.

Se unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí vos deixamos unha que resume a perfección o espírito da nosa escola:

No entorno laboral, a relación entre as persoas é fundamental para acadar o éxito.

Grazas a todos e todas e feliz ano!!

 

También te puede interesar