ERLAC presenta os seus proxectos á subdelegada do Goberno na Coruña

– Visita á escola de Obdulia Taboadela e a deputada Silvia Longueira

A Coruña, 14 de outubro de 2026

A subdelegada do Goberno na Coruña, Obdulia Taboadela, realizou hoxe unha visita ás instalacións da Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña (ERLAC), onde tivo ocasión de coñecer o labor académico e os proxectos do centro. Taboadela acudiu acompañada da deputada Silvia Longueira, e ambas escoitaron con interese o desenvolvemento da iniciativa de ERLAC para a posta en marcha de EUHRIC, o Centro Europeo de Investigación en Recursos Humanos, na cidade da Coruña.

O proxecto, que xa foi presentado en Bruxelas e obtivo declaración de apoio unánime do Parlamento Galego, continúa o seu percorrido coa consecución de adhesións e o horizonte de futura ubicación na Cidade das TIC. Para ERLAC, tanto o ecosistema empresarial e de innovación da Coruña como a AESIA contribúen a xerar un escenario de sinerxías único para a posta en marcha dun centro de referencia coma este.

Ademais, o decano de ERLAC, Jesús Vázquez Forno, tamén lles detallou o proxecto transfronteirizo Exocare, financiado polo Programa interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027 e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Regional (FEDER), do que moi pronto se conocerán avances significativos do deseño.

Achegamento do alumnado de Grao á administración electrónica

Posteriormente á visita institucional, Taboadela, Longueira e os técnicos da Subdelegación introduciron ao alumnado de Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos nos detalles da administración electrónica. Sen saír do centro universitario, todas e todos eles puideron obter o seu certificado electrónico dixital.

De regreso nas aulas de ERLAC tamén estivo hoxe a vicesecretaria da Subdelegación do Gobierno, Lucía Neira, que tamén participou nesta visita e que foi alumna da Escola.

También te puede interesar