ERLAC e POCOMACO unen forzas para a mellora da formación en Relacións Laborais

A realización de prácticas do alumnado de ERLAC nas empresas do polígono de POCOMACO e a participación do persoal de ditas empresas en actividades formativas da Escola son os obxectivos centrais do convenio de colaboración asinado esta semana entre a Fundación Escuela Universitaria de Relaciones Laborales de A Coruña, representada polo seu director, Jesús Vázquez Forno, e a Comunidade de Propietarios do polígono empresarial, Lucía López Teijeira.

No recinto, un dos pioneiros na Coruña e en Galicia, desenvolven a súa actividade máis de 370 empresas, que en virtude deste acordo terán aínda máis próxima a posibilidade de contar co alumnado de ERLAC entre o seu persoal durante o periodo de prácticas, e por tanto contribuír á súa formación de acordo coa realidade laboral. Pola súa banda, as persoas que desenvolven a súa actividade no polígono trán acceso á participación nas actividades formativas ou de investigación de ERLAC de maneira preferente. Ambas partes compartirán e difundirán a oferta de prazas de prácticas e bolsa de traballo e poderán tamén desenvolver actividades conxuntas.

O convenio, asinado este mércores nas instalacións do centro universitario, ten unha duración de dous anos prorrogables.

También te puede interesar