ERLAC lanza a Copa Atlántica de xadrez para devolver A Coruña ao mellor panorama deste deporte

  • Cuadrangular de lentas con catro equipos por invitación, entre eles o potente Maia portugués.
  • O gran mestre internacional Aleksa Stríkovic participará no open de rápidas, que pechará inscrición ao chegar ás cen persoas inscritas.

A Coruña, 8 de maio de 2026

Esta fin de semana A Coruña estrea un novo campionato de xadrez, coa I Copa Atlántica, que organiza ERLAC (Fundación Escola de Relacións Laborais da Coruña) a través do seu club deportivo. Con ela celebrarase por primeira vez en Galicia un cuadrangular, coa participación de catro clubes por invitación. Estarán os portugueses Sport Clube Beira-Mar de Aveiro e Academia Xadrez da Maia, unha referencia no país veciño, e por parte de Galicia compartirán taboleiros dúas unións de clubes: Marquiño de Noia, referencia do Barbanza na Liga Galega, con Xadrez ERLAC, e Xadrez Compostela con Club Padrón.  

O sábado 9 de maio pola mañá celebraranse as semifinais, logo do sorteo de emparellamentos, e o domingo a gran final da Copa Atlántica, que será na modalidade de lentas a oito taboleiros, así como a final de consolación.

A competición incluye tamén un torneo de rápidas a dez minutos, no que participarán un centear de persoas, logo de desbordar as previsións iniciais. Entre elas estará Aleksa Stríkovic, o gran mestre internacional de xadrez que estivo no top mundial nos anos noventa e dous mil e que reside na Coruña desde hai tempo.

Coa posta en marcha desta nova competición, Xadrez ERLAC pretende recuperar para A Coruña os tempos dos grandes torneos e atraer a atención sobre este deporte e os seus valores, así como contar con grandes figuras que poidan atraer e ser referente das xeracións máis novas. Xa o ano pasado a Fundación recuperou o Teresa Herrera, que volverá organizar o próximo mes de agosto.

También te puede interesar