OPEN SPACE EN ERLAC SOBRE INTELIGENCIA ARTIFICIAL

¿E tí, escanerías o tu iris a cambio de cartos? –

As pasadas semanas chegaron á Coruña as primeiras noticias de que Worldcoin, unha empresa que se adica a obter datos biométricos de milleiros de persoas a traves do escaneo do iris do seu ollo, atopábase a recoller estos datos de persoas da nosa cidade.

Tes dúbidas sobre este tema ou plantexácheste algunha vez vender tamén o teu iris? Tes un fillo e tes medo a que o enganen para isto? Vente a debatir connosco!

Esta recolección de datos biométricos pode xerar problemas dos que non adoitamos a ser conscientes: mal uso ou roubo de datos, control da poboación, fin dos espazos privados e seguros, etc. Problemas que se suman á chegada da Intelixencia Artificial ás nosas vidas, abrindo novos debates sociais que debemos empezar a enfrontar, como se realmente queremos deixar de poder navegar anónimamente por internet ou de pasear por unha estación de tren sen que unha cámara nos recoñeza automáticamente.

Por todo isto, dende varios grupos de CoruñaTech como GPUL e PHPCoruña queremos abrir un espazo de debate para charlar e opinar sobre este tema, no que calquera persona poida vir a participar e opinar.

E por iso que vos invitamos a que vos pasedes o próximo mércores 6 de Marzo ás 19:00 pola “Escuela Universitaria de Relaciones Laborales” da UDC (cerca da estación de tren) a debatir nun open space sobre estas temáticas.

También te puede interesar