Lorenzana destaca a colaboración de ERLAC no obxectivo da dinamización económica e do emprego

A conselleira de Economía e Industria impartiu una charla sobre política industrial no ámbito autonómico na asignatura de Políticas Sociolaborais do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos.

O director da Escola Universitaria de Relacións Laborais e Recursos Humanos da Coruña, Jesús Vázquez Forno, avogou pola investigación como medio para mellorar a competitividade das empresas e a calidade dos empregos.

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, pronunciou esta tarde unha conferencia sobre políticas industriais no eido autonómico na Escola de Relacións Laborais e Recursos Humanos da Universidade da Coruña (ERLAC). Lorenzana subliñou a importancia da axilización de trámites para os proxectos industriais e sinalou a Oficina Económica de Galicia (IGAPE) como instrumento para facilitalos desde un único lugar. Neste senso, sinalou a ERLAC como unha das institucións que desde un inicio colaboran coa Xunta nesta tarefa. Perto dun cento de alumnos do centro universitario atenderon a súa intervención, na que contou coa introdución do ex docente da escola e deputado no Congreso Manuel Lago.

A charla, impartida na asignatura que dirixe a profesora Susana Soneira, contou co alumnado de terceiro e cuarto cuarso do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, enmárcase no calendario de ponencias que ERLAC programa co obxectivo de enriquecer os contidos das materias con intervencións de figuras destacadas dos ámbitos laboral, empresarial e socioeconómico. Ata o momento pasaron xa polo centro no presente curso, entre outras persoas, o secretario xeral de Comisiones Obreras, Unai Sordo, a responsable de Igualdade do mesmo sindicato en Galicia, Mabel Pérez Simal, ou o deputado no Congreso por Sumar Manuel Lago. Para as próximas semanas están previstas as do director xeral do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), Gerardo Gutiérrez Ardoy, o deputado no Congreso polo Partido Popular Francisco Conde e o director de EAPN Galicia, Xosé Cuns.

Docentes de máximo nivel nos mestrados

Tamén a programación dos mestrados de ERLAC caracterízase polo alto perfil profesional e o prestixio dos seus docentes. Esta mesma tarde, o Máster en Recursos Humanos e People Analytics contou cunha sesión de Protocolo Empresarial a cargo do xerente de Relacións Institucionais e Protocolo de ABANCA, Javier Vilariño. E no Máster Práctico en Xurisdicción

Social, inaugurado hai un mes, impartiron clases xa os maxistrados da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia José Fernando Lousada Arochena e Raquel Naveiro Santos -codirectora da titulación-, e proximamente farano o maxistrado da Sala do Social do Tribunal Supremo Ignacio García-Perrote Escartín e o catedrático de Dereito do Traballo e a Seguridade Social da Universidade Carlos III de Madrid Jesús Mercader Uguina.

– Oficina Económica de Galicia (IGAPE): https://oficinaeconomicagalicia.xunta.gal/

– Máster en Recursos Humanos e People Analytics: https://www.erlac.es/estudios/master-direccion-gestion-personas/

– Máster en Jurisdicción Social: https://www.erlac.es/estudios/master-practico-de-jurisdiccion-social/

También te puede interesar