AGORA TOCAVOS A VOS AVALIARNOS

Ola a todos/as!  

Lembrámosvos que aínda estades a tempo de cubrir as ENQUISAS DE AVALIACIÓN DOCENTE (AVALIEMOS) das materias do segundo cuadrimestre e das materias anuais.  

Sabemos que estades en datas complicadas, pero a vosa opinión é fundamental para mellorar a docencia e contribuír a unha universidade mellor. 

🗓 Prazo aberto ata o 20 de xullo 

❓Como participar? 

👉 Na páxina web de AVALIEMOS podedes atopar un acceso directo ás enquisas

📌 Nesa mesma web tamén lle podedes botar unha ollada: 

  • Ao Manual de axuda para cubrir as enquisas en SIGMA. 
  • Á unha sección de preguntas frecuentes (FAQ). 
  • Ao cartel da campaña e a unha infografía coa información completa. 

📣 A participación está a ser baixa, e por iso vos queremos animar especialmente a que lle dediques uns minutos a opinar sobre a vosa experiencia nas aulas. 

A vosa resposta é anónima e moi valiosa para o profesorado e para mellorar a calidade docente. 

Para resolver calquera dúbida, debedes escribir a: 
📩 avaliemos@udc.es 

Grazas polo voso tempo e implicación! 

También te puede interesar