A Escola de Relacións Laborais da Universidade da Coruña (ERLAC) e Tagen Ata abren este curso 2016-2017 coa presentación dun novo paquete de cursos online e a idea de achegar a formación en economía social e xestión innovadora de empresas e cooperativas.
ERLAC e Tagen Ata apostan unha vez máis pola formación en rede actualizada e adaptada ás necesidades de hoxe.
A QUEN VAI DIRIXIDO?
A todas aquelas persoas que desexen iniciar ou actualizar os seus coñecementos en materia de cooperativas e economía social, con interese profesional na actualidade e oportunidade da fórmula cooperativa.
CONTIDO
| Nome do curso | Duración | Prezo* |
| Conciliación da vida persoal, familiar e laboral | 30 h. | 38,61 € |
| Iniciación á Cooperativa de Traballo | 34 h. | 43,29 € |
| Cómo elaborar un plan de empresa | 65 h. | 85,41 € |
| Dirección e xestión de proxectos | 75 h. | 97,11 € |
* Desconto xa aplicado do 10% para estudantes e graduados/as da Escola de Relacións Laborais de A Coruña.
Podes consultar o programa de cada curso premendo no seu nome.
Podes inscribirte no curso aquí.
Nota Académica:
A realización dos seguintes cursos será valorada académicamente nas seguintes materias:
–Conciliación da persoal, familiar e laboral será valorada na asignatura de «Comportamento organizacional»
–Iniciación á cooperativa de traballo, será valorada na asignatura de «Dereito Societario e Cooperativo»
-A realización de calquera destes dous cursos: Cómo elaborar un plan de empresa ou Direccion e xestión de proxectos, serán convalidados polos contidos de emprendemento da asignatura «Prácticas Externas» (cursos 3º e 4º)
SOLUCIÓNS PERSONALIZADAS
Elixe cando e onde estudar.
Compaxina traballo e estudo.
TOTALMENTE PRÁCTICO
Contidos accesibles e intuitivos.
Casos prácticos baseados na experiencia cooperativa.
Titorías personalizadas por profesionais cualificados.
MATRICULA
Desconto do 10% para estudantado e graduados/as de ERLAC.
Desconto do 15% para todas aquelas personas que se matriculen nos catro cursos do itinerario.
Certificado: Ao finalizar o curso expedirase un diploma acreditativo.
Prazas Limitadas- MATRÍCULA ABERTA
INSCRICIÓN
Datas de inscrición: A partires do 17 de Outubro
Datas de impartición: do 25 de Outubro ao 15 de Decembro
Podes inscribirte no curso aquí
Máis información:
tlf: 981 248 080
email: orienta@rrll.udc.es
http://formacionenrede.com/


Horarios de clase
Horarios de examenes






