Ola a todos/as!
As enquisas AVALIEMOS do 2º cuadrimestre e anuais pechan o luns, 15 de xuño. A túa opinión é clave para mellorar a docencia!
Como participar?
Na páxina web de AVALIEMOS podes atopar un acceso directo ou un código QR dispoñible no cartel da campaña e no folleto informativo.
Os agasallos están publicados en AVALIEMOS. O sorteo vaise realizar ao finalizar este período deenquisas. Cada enquisa cuberta conta como unha participación!
Ademais, tamén contribúes ao programa solidario ABRIGA, que apoia a estudantes procedentes de zonas en conflito.
Aproveita estes días e fai que a túa voz conte!
Abrirase un prazo EXTRAORDINARIO: do 22 de xuño ao 13 de xullo
Se tes calquera dúbida contacta con avaliemos@udc.es
Grazas polo teu tempo e implicación!




Horarios de clase
Horarios de examenes






