¿Vas a estudar no estranxeiro? ¡Mellora os teus idiomas!

A Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación, a través da Oficina de Relacións Internacionais e o Centro de Linguas, vai publicar en breve unha Convocatoria de bolsas para mellorar as competencias lingüísticas do estudantado matriculado en estudos oficiais na UDC.

As bolsas van dirixidas principalmente ao estudantado da Universidade da Coruña matriculado nunha titulación oficial da UDC a nivel de grao, mestrado ou doutoramento que se atope nalgunha das seguintes situacións:

1. Que teñan intención de realizar unha mobilidade internacional no curso 2018/19

2. Alumnado de dobres titulacións internacionais

3. Alumnado de graos bilingües.

A Oficina de Relacións Internacionais está a realizar dúas xornadas divulgativas nas seguintes datas:
– Mércores 24 de maio ás 11.00 – Campus de Elviña. Facultade de Informática– Salón de Actos
– Xoves 25 de maio ás 12.00 – Campus da Zapateira. ETS Arquitectura – Salón de Actos

Ligazóns de interese:  Centro de Linguas da UDC  –  Cursos de Idiomas Extranxeiros

http://www.udc.es/ori/inf_estudiantes_UDC/cursos_idiomas/index.html?language=gl

 

 

También te puede interesar