Un ​pouco da túa axuda é moito. Campaña de recollida de alimentos.

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS

+Ver Cartel

Segundo a publicación dun recente estudo do Instituto Galego de Estadística, ​correspondente ao primeiro trimestre do ano 2016, o 47,34%​dos fogares galegos chega con dificultade e​ un​ 6,96% restante con moita dificultade. Para contribuír ao decrecemento desta situación, a Oficina de Cooperación e Voluntariado​ e o​ Banco de Alimentos Rías Altas, ​en colaboración coa OMA ​levarán a cabo unha campaña solidaria de recollida de alimentos para as persoas máis desfavorecidas da provincia da Coruña.

Dende o​ vindeiro día ​11​ ​ate o​ ​22​ de ​abril​, poderedes atopar as caixas de recollida de produtos como legumes, arroz, aceite, cacao, conservas, café, cereais etc., na Escola Universitaria de Relacións Laborais de A Coruña así como nos campus de Oza, INEF, Zapateira, Elviña, Riazor e Reitoría en A Coruña, e​ nos​ campus de Serantes ​​e ​de Esteiro​ en Ferrol.

Esta iniciativa pretende fomentar a sensibilización da comunidade universitaria nestes momentos de maior dificultade, non só buscando a solidariedade entre o estudantado, senón tamén facéndolles botar unha ollada crítica sobre a situación actual da nosa sociedade, onde cada vez existen máis persoas ao noso redor que teñen serias dificultades para sobrelevar o día a día.​ ​

​Entre todos e todas podemos conseguilo!!!!​

 

También te puede interesar