II Foro de Encontro de Xustiza e Traballo organizado polo Colexio de Graduados Sociais de Pontevedra.

decano-foro-pontevedra

Os pasados días 27 e 28 de outubro celebrouse o II Foro de Encontro de Xustiza e Traballo organizado polo Colexio de Graduados Sociais de Pontevedra que tivo lugar no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do traballo da Universidade de Vigo.

O encontro contou coa participación activa de ERLAC xa que o noso decano, Jesús Vázquez Forno estivo na inauguración do acto presidido por don Miguel Angel Cadenas Sobreira, Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e participou tamén como relator na mesa redonda organizada sobre a Unificación de criterios para elaborar o máster de acceso a profesión de graduado social e exame de estado, onde se debatiu sobre a conveniencia deste Master para a formación dos graduados Sociais para a súa actuación perante a xurisdicción social.

Asimesmo o profesor Manuel Lago Peñas interveu na mesa redonda organizada sobre as Medidas necesarias a ter en conta para unha reforma laboral.

También te puede interesar