O vindeiro 4 de Abril ás 12:oo a.m. na Escola de Relacións Laborais de A Coruña (ERLAC), renderáselle unha homenaxe a D. Francisco Pillado Maior, intelectual e activo fundamental do teatro galego que nas décadas dos 70-80 foi profesor da nosa escola, cando esta chamábase Seminario de Estudos Sociais Ramón da Sagra.
No mundo do teatro foi promotor dos grupos de teatro da Agrupación Cultural O Facho (1965), Escola Dramática Galega (1978), Luís Seoane (1980) e Elsinor Teatro (1990). Foi Presidente da Escola Dramática Galega, onde exerceu tamén como director de publicacións e responsábel do Departamento de Estudos Teatrais, así como da dirección dos Cadernos da EDG.
En 1990, fundou o Grupo de Teatro de Alumnos da Escola de Estudos Sociais da Coruña, que se presentou publicamente coa obra Panchiño, de Oswaldo Dragún.
O propio señor Pillado estará con nós para compartir os seus recordos e experiencias, que bo seguro resultarán moi proveitosas e interesantes para todos os presentes.
Desde ERLAC queremos achegar esta importante figura da cultura galega aos nosos alumnos nun acto cuxo programa podedes consultar a continuación:
O retrato de D. Francisco Pillado foi realizado por Manu Cruz, e obtido da web Wikipedia Galega