Foro Avanza 2022

Os días 25 e 26 de outubro levaranse a cabo no salón de graos da Facultade de Economía e Empresa charlas, mesas redondas e obradoiros relacionados coa empregabilidade. Así, varios expertos falarán sobre como mellorar as habilidades comunicativas, elaborar o CV ou enfrentarse a un proceso de selección. Igualmente, dende varias entidades nos explicarán como traballar no sector público ou en Europa, por exemplo. De forma importante, contarán con egresados/as de varias ramas de coñecemento para que compartan a súa experiencia de inserción laboral cos asistentes. A finalidade é facer este evento o máis interactivo e dinámico posible para maior aproveitamento do público asistente.

O día 27 de outubro celebrarase unha Feira de Emprego no Pavillón de Deportes do Campus de Elviña. O obxectivo é achegar o mundo profesional ao académico. Para isto contarán con trinta entidades, entre as que se atopan Repsol, Deloitte, Acciona, Carrefour, Navantia, Decathlon, NTT Data, Siemens ou Gadisa. Haberá ademáis actividades paralelas ofrecidas por varias das entidades, como presentación de empresas ou procesos de selección. Por último, contaremos tamén con sorteos de agasallos entre os asistentes.

También te puede interesar