Resumo das Xornadas a Innovación nas Políticas Locais de Emprego. (Video)

miniaturas-youtube-canal-erlacOs días 3 e 4 de Novembro tiveron lugar estas Xornadas no marco do Paraninfo da Universidade da Coruña. Organizadas polo Concello de A Coruña e contando coa colaboración de ERLAC, supuxeron un interesante foro para o coñecemento de accións innovadoras cara o fomento do emprego nos ámbitos locais. Unha importante representación de alumnos de ERLAC non quixo perder a ocasión de recoller valiosa información para os seu estudos de relatorios como: Situación do Emprego na Comarca da Coruña, Políticas Locais na Promoción Económica e o Emprego, outras Ferramentas de Apoio ao Emprendemento, unha Visión dende fora: A Promoción Económica e Emprego dende as Grandes Urbes.

Inaugurou o acto o Alcalde de A Coruña, Xulio Ferreiro Baamonde, acompañado do Presidente da Deputación Provincial, Valentín Fernández Formoso e o Concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema Suárez.

 

xornadas-innovacion-0729

 

xornadas-innovacion-3087xornadas-innovacion-0728xornadas-innovacion-3088

También te puede interesar