ERLAC estivo na despedida por xubilación de D. Carlos Domenech de Aspe.

Acto de despedida por xubilación de D. Carlos Domenech de Aspe, Xefe Territorial da Inspección de Traballo en Galicia e ex profesor de ERLAC.

voz-5-11-16

Imaxe extraída da web www.lavozdegalicia.es (05/11/16)

 

O pasado 4 de Novembro ERLAC acudiu ao acto de homenaxe a D. Carlos Domenech de Aspe, que tivo lugar no Mirador del Monte de San Pedro e onde se reuniron máis de 200 asistentes, entre os que se atopaban o Conselleiro de Traballo, D. Alfredo Conde, o ex embaixador e ex alcalde da Coruña D. Francisco Vázquez, representantes dos sindicatos, asociacións empresariais, colexios profesionais de graduados sociais e avogados, e demais representantes da administración pública.

carlos-domenech3

O acto resultou emotivo dada a calidade humana do personaxe, que lembrou na súa intervención a traxectoria en ERLAC ao longo de 28 anos de carreira docente connosco impartindo a materia de Seguridade Social, así como os 42 anos como Inspector de Traballo e Seguridade Social.

D. Carlos Domenech está en posesión do premio Julio Portela Ceballos 2015 outorgado por ERLAC e é unha destacada personalidade no mundo da negociación de conflitos colectivos nos que mediou ao longo da súa dilatada traxectoria. Desde ERLAC desexamos a D. Carlos a mellor das sortes na súa nova etapa vital.

 

 

Imaxe extraída da cuenta Flicker de UGT Coruña

También te puede interesar