D. Valentín González Formoso, Presidente da Deputación da Coruña, visita ERLAC.

O presidente da Deputación de A Coruña visitou este pasado luns 15 de maio as instalacións da nosa escola acompañado do decano Jesús Vázquez Forno, que lle mostrou o estado actual das instalacións e de todos os servizos que se ofrecen aos estudantes.
Durante a visita tivo lugar unha reunión informal onde o persoal  e os propios estudantes trasladaron ao presidente da Deputación todas as iniciativas formativas que se están levando a cabo no centro e intercambiaron impresións sobre o futuro da titulación e a súa importancia no ámbito do laboral.

Valentín González Formoso destacou o esforzo organizativo da escola e mostrouse moi interesado polos plans de futuro da Escola de Relacións Laborais da Coruña, expresando a súa disposición para colaborar na mellora da institución e o benestar dos seus alumnos.

Fotos da visita.

También te puede interesar