Nova edición dos cursos online sobre Economía Social e Xestión Innovadora de Empresas e Cooperativas.

A Escola de Relacións Laborais da Universidade da Coruña (ERLAC) e Tagen Ata abren este curso 2016-2017 coa presentación dun novo paquete de cursos online e a idea de achegar a formación en economía social e xestión innovadora de empresas e cooperativas.

ERLAC e Tagen Ata apostan unha vez máis pola formación en rede actualizada e adaptada ás necesidades de hoxe.

A QUEN VAI DIRIXIDO?

A todas aquelas persoas que desexen iniciar ou actualizar os seus coñecementos en materia de cooperativas e economía social, con interese profesional na actualidade e oportunidade da fórmula cooperativa.

CONTIDO

Nome do curso Duración Prezo*
Conciliación da vida persoal, familiar e laboral 30 h. 38,61 €
Iniciación á Cooperativa de Traballo 34 h. 43,29 €
Cómo elaborar un plan de empresa 65 h. 85,41 €
Dirección e xestión de proxectos 75 h. 97,11 €

* Desconto xa aplicado do 10% para estudantes e graduados/as da Escola de Relacións Laborais de A Coruña.

Podes consultar o programa de cada curso premendo no seu nome.

Podes inscribirte no curso aquí.

 

Nota Académica:

A realización dos seguintes cursos será valorada académicamente nas seguintes materias:

Conciliación da persoal, familiar e laboral será valorada na asignatura de “Comportamento organizacional”

Iniciación á cooperativa de traballo, será valorada na asignatura de “Dereito Societario e Cooperativo”

-A realización de calquera destes dous cursos: Cómo elaborar un plan de empresa ou Direccion e xestión de proxectos, serán convalidados polos contidos de emprendemento da asignatura “Prácticas Externas” (cursos 3º e 4º)

 

 

 

SOLUCIÓNS PERSONALIZADAS

Elixe cando e onde estudar.

Compaxina traballo e estudo.

TOTALMENTE PRÁCTICO

Contidos accesibles e intuitivos.

Casos prácticos baseados na experiencia cooperativa.

Titorías personalizadas por profesionais cualificados.

MATRICULA

Desconto do 10% para estudantado e graduados/as de ERLAC.

Desconto do 15% para todas aquelas personas que se matriculen nos catro cursos do itinerario.

Certificado: Ao finalizar o curso expedirase un diploma acreditativo.

Prazas Limitadas- MATRÍCULA ABERTA

 

INSCRICIÓN

Datas  de inscrición: A partires do 17 de Outubro

Datas de impartición: do 25 de Outubro ao 15 de Decembro

Podes inscribirte no curso aquí

Máis información:

tlf: 981 248 080

email: orienta@rrll.udc.es

http://formacionenrede.com/

 

También te puede interesar