Emotiva Homenaxe da ERLAC a D. Francisco Pillado Mayor.

O pasado martes 4 de Abril de 2017, tivo lugar nas instalacións da Escola de Relacións Laborais de A Coruña (ERLAC) unha homenaxe á figura de D. Francisco Pillado Mayor, ex profesor da escola e personaxe clave no teatro galego. Ao acto acudiron numerosos alumnos e docentes e foi presidido polo decano da escola D. Jesús Vázquez Forno, así como o reitor da Universidade da Coruña, D. Xullo Abalde Alonso, Don Fernando Souto Suárez (en representación da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña), Don Fernando Martínez Quindimil, ex alumno e membro do grupo de Teatro que dirixira na propia Escola Francisco Pillado a principios dos anos 90, e Lucas Díaz Vázquez, alumno e directivo da Asociación de Alomnos Hercules. Todos eles destacaron a importancia do legado do señor Pillado (ou “Pancho”, como é agarimosamente chamado) e animaron aos nosos alumnos a exercer o pensamento crítico e renovar a sociedade.

O emotivo acto transcorreu de forma moi participativa coa presenza do homenaxeado e a súa dona, e lembrou o seu pasado na institución ofrecendo tamén a súa visión personal sobre a actualidade cultural galega durante un animado coloquio.

Os alumnos agasallaron os presentes cunha peza audiovisual na que recordan os orixes de ERLAC na Coruña dos anos 70 e rescatan un fragmento da obra “Panchiño”, adaptada por o Señor Pillado e que foi representada daquela polo grupo de teatro da escola fai máis de 20 anos.

Como xa ven sendo tradicional, tanto o señor Pillado coma o reitor Xulio Abalde deixaron a sua sinatura no noso libro de visitas.

 

 

También te puede interesar