COMUNICADO OFICIAL DA ERLAC 28/04/2020

A Xunta de Goberno da UDC aprobou o pasado día 22 de abril as instrucións para adaptar a docencia e a avaliación dos graos e posgraos a situación derivada da crise sanitaria do COVID-19 e con vistas á finalización deste curso académico.

O día seguinte, ERLAC convocou Xunta de Centro, na que participaron o cadro Docente, o PAS e a representación dos estudantes .

Nesta Xunta de Centro se aprobou adaptar as Guias Docentes de cada materia a ditas instruccións tanto no que se refiere a docencia como a avaliación, publicando os cambios no Moodle de cada materia. No día de onte luns 27 tódalas asignaturas xa tiñan subido á plataforma un documento cos cambios propostos, que inclúen a utilización das ferramentas telemáticas para todos estes procesos.

Asemade na Xunta de Centro se aprobaron cambios nas datas de finalización da evaluación continua, datas de exames das convocatorias de Maio-Xuño e Xullo (2º oportunidade), así como presentación e defensa de TFG. Está disponible na Web esta información así como un documento coas datas clave.

En breve facilitaremos ao alumnado unha presentación que axudará o uso do Moodle de cara as probas avaliativas.

Tamén publicaremos nos próximos días as enquisas de avaliación da adaptación de ERLAC que se remitiron a través do PAT a cada un dos estudantes pero xa podemos adiantar un alto grao de satisfacción xeral co traballo que estamos a facer e cos servizos prestados.

Mesas redondas, entrevistas, posta en marcha dunha consultora laboral para estudantes da UDC e publicación do novo número da revista Diálogos en formato dixital completarán a actividades da ERLAC neste tramo final do curso, agardando que sexades partícipes.

Todos estes cambios se puideron adoptar de xeito consensuado e áxil polo forte compromiso coa ERLAC e a comprensión e flexibilidade que require o momento de todos os que formamos parte da Escola. Queremos igualmente seguir mellorando e estar pendente de cada un de vós para asegurar a calidade dos estudos e o éxito nesta parte final do curso. Gracias e ánimos, paga a pena o esforzo de tod@s.

Jesús A. Vázquez Forno

Decano

También te puede interesar