A Secretaria Xeral de Emprego, Covadonga Toca, visitou ERLAC.

 

Onte día 24 de Abril, Covadonga Toca charlou cos nosos alumnos sobre as políticas laborais da xunta e sobre as diversas opcións existentes en materia de promoción de emprego, como as lanzadeiras de emprego ou as diversas axudas que están dipoñibles.

Acompañaron á Secretaria Xeral de Emprego o noso decano Jesús Vázquez Forno e o profesor Manuel Lago Peñas.

Para os nosos alumnos é un auténtico privilexio poder contar ca visión e a experiencia de ponentes de tanta relevancia no ámbito laboral; a ben seguro que todos tomaron boa nota da información recibida durante a xornada.

Agradecer a xenerosidade da señora Covadonga Toca con ERLAC, así como a súa simpatía e cercanía cos nosos alumnos.

También te puede interesar