O luns 17 de abril de 2023 A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, avogou nunha clase maxistral que impartiu sobre políticas sociolaborais na Aula Magna de nosa escola , pola importancia de seguir reforzando os programas de axudas e recursos no eido da igualdade laboral para continuar avanzando na incorporación, permanencia e progreso das mulleres no ámbito do emprego.
A conselleira defendeu un emprego de calidade que avogue pola participación igualitaria traballadoras e traballadores e a plena autonomía das mulleres, coas mesmas condicións laborais e coa mesma repartición de roles no fogar. Deste xeito, a conselleira sinalou que, por iso, a Xunta conta cun departamento específico, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, encargado de impulsar políticas de emprego e de igualdade, dúas materias relacionadas entre si para consolidar, segundo sinalou, un mercado de traballo máis cohesionado, enriquecedor e competitivo. Ao respecto, engadiu que o Goberno galego traballa para poñer en marcha medidas encamiñadas á consecución da igualdade real e efectiva de mulleres e homes.
Ademais centrou a súa intervención, ao que asistiu, entre outros, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, en explicar aos estudantes de tercero e cuarto curso de Grado a estrutura do departamento autonómico que dirixe, así como as políticas sociolaborais que se están a levar a cabo na Xunta.
Así mesmo, expuxo os compromisos do seu departamento para consolidar unha Galicia máis competitiva, que asegure un traballo digno e acolledor para todas e todos. Nesta liña lembrou que a Xunta de Galicia seguirá a traballar para contar con servizos de emprego que busquen a mellor cualificación do capital humano para dar resposta ás necesidades de cobertura de vacantes das empresas galegas.